Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Concello de Ourense e a UNED renovan un convenio que posibilitará as prácticas dos estudantes nas dependencias municipais

29 de julio de 2020

O alcalde salientou a súa satisfacción por colaborar coa Universidade Nacional de Educación a Distancia e o director do Centro Asociado sinalou que deste modo o alumnado universitario poderá por en práctica os seus coñecementos

OURENSE, 29 de xullo de 2020.- O director do Centro Asociado á UNED en Ourense, Jesús Manuel García Díaz e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, rubricaron a renovación do convenio que ambas as institucións manteñen desde hai varios anos e que permite establecer un programa de cooperación educativa. Mediante o devandito programa, os estudantes da Universidade Nacional de Educación a Distancia matriculados en ensinos oficiais de Grao ou conducentes á obtención dun título de Mestrado universitario, poderán complementar a súa formación coa realización de prácticas profesionais e o desenvolvemento do Traballo de Fin de Grao (TFG) e o Traballo de Fin de Mestrado (TFM). A UNED seleccionará aos estudantes polo oportuno sistema de selección, en función das prazas que oferte o Concello de Ourense. Este convenio ten unha vixencia de catro anos.

Gonzalo Pérez Jácome celebrou esta colaboración "coa Universidade pública máis grande de España que temos a sorte de que conta cunha sede en Ourense". Pérez Jácome, de acordo cos estatutos do Consorcio do Centro Asociado á UNED en Ourense, ostenta a vicepresidencia do mesmo.

Jesús Manuel García salientou a importancia de ter unha rede de convenios como este porque “redundan na mellor formación práctica dos nosos alumnos. O nivel de esixencia da UNED é notable porque busca que os seus alumnos saian moi ben formados. A adquisición de coñecementos teóricos enriquécese con estas prácticas que permiten ao estudante aproximarse á aplicación do que estuda á vida real “. Acompañou aos asinantes a concelleira de Educación, María Teresa Rodríguez Garrido.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es