Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O profesor tutor José A. Fráiz codirixiu o libro da Actividade Turística Española cos datos de 2018

13 de julio de 2020

Esta obra contén os aspectos máis destacados que conforman o devir do sector turístico ao longo do ano 2018. Trátase dunha publicación cuxas edicións sucesivas fan del un referente no campo da investigación científica do turismo español.  Por iso é polo que se converteu nun instrumento de gran importancia para interpretar e estudar a corrente turística en España. 

OURENSE,   13 de xullo de 2020.- O profesor titor de UNED Ourense e profesor da  Uvigo, José Antonio Fraiz Brea e a profesora Noelia Araujo, son os directores do libro Actividade turística Española en 2018, na súa edición de 2019. Divídese en cinco apartados nos que os seus autores abarcan a conxuntura económica, a xestión pública, a evolución turística en cada Comunidade e Ciudad Autónoma, as tipoloxías turísticas e un dicionario de conceptos actualizados. Entre as conclusións xerais, os responsables do informe apuntan como “o turismo segue contribuíndo amplamente ao PIB español, máis dun 11%, mantendo o seu status de sector crave na economía e emprego estatal”, resalta  Fráiz. Cada ano España bate o récord na chegada de turistas internacionais, superando no ano 2018 os 80 millóns.

O principal apartado está dedicado á análise por territorios e nel destacan como a oferta se mantén pero aumenta a demanda. No caso de Galicia, segundo este estudo científico, os datos son bos, especialmente positivos nos cinco primeiros meses de 2018. Naquel tempo, esta comunidade dispoñía duns  11.600 aloxamentos turísticos de todo tipo e unha demanda de 10,2 millóns de pernoitas, segundo o Clúster de Turismo de Galicia. Ademais de Santiago de Compostela, no informe destacan os magníficos  resultados de Vigo e Sanxenxo con ocupacións superiores ao  90%; e no caso de Ourense, a Ribeira Sacra, con case un 80% de ocupación, cifra excelente  @teniendo en cuenta que é unha zona do interior de Galicia.

Este estudo destaca o auxe do turismo rural, aumento dado especialmente en Cataluña, Andalucía e Aragón, e o de cruceiros cuxa cifra de pasaxeiros en 2018 foi de dez millóns. Tampouco falta o turismo enolóxico, que aumentou un  20% respecto ao ano 2017; o turismo do cinema que está a arrincar con moita forza sobre todo en Canarias, e o turismo da neve que se incrementou un 7%. Outros asuntos tratados no presente estudo son o impacto do Brexit no sector así como a sustentabilidade á que tamén o sector turístico ha de tender.

Premio

O xurado do Premio  da Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo ( AECIT) ao mellor artigo científico considerou por unanimidade como o mellor e gañador do premio ao artigo:  Dimensions  of  destination  competitiveness:  Analyses  of  protected  areas  in  Spain.  Journal  of  cleaner  production  entre cuxos autores está o profesor titor  Fráiz Brea, ao que acompañan:  Blanco- Cerradelo,  L.,  Gueimonde-Canto, A. e Diéguez-Castrillón, M. I.  Neste artigo analizouse unha mostra de 102 áreas protexidas en España (Parques Nacionais, Parques Naturais e Reservas de Biosfera). Os resultados obtidos permiten afirmar que a competitividade turística das áreas protexidas componse de cinco dimensións relacionadas significativa e positivamente: a súa capacidade para atraer visitantes;  o benestar social da comunidade local e a sustentabilidade turística relacionada coa preservación da natureza, a creación dun sentimento de comunidade  e o benestar económico da comunidade local.

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es